Ubicado en el Parque Empresarial de A Sionlla, el nuevo centro sustituye al anterior establecimiento de la ciudad, aumentando su superficie comercial hasta alcanzar una sala de ventas de 3.172 m² y un aparcamiento con 115 plazas cubiertas exclusivas para clientes. Destaca la gran apuesta por los productos frescos a través de secciones con venta personalizada y sus 10.000 referencias disponibles. La atención al cliente estará cubierta por un equipo de 53 personas. Su apertura, junto al hipermercado Eroski A Sionlla, permite a Vegalsa-Eroski superar los 6.500 m² de superficie comercial en este parque empresarial, donde ya trabajan más de 160 profesionales entre ambos establecimientos.
A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski reforza a súa aposta pola canle profesional coa apertura dun novo Cash Record -o máis grande da empresa ata o momento-, situado no Parque Empresarial da Sionlla, en Santiago de Compostela.O novo centro, situado concretamente na Rúa Castilla y León, 41-43, substitúe ao anterior establecemento do que a compañía dispoñía a escasos quilómetros, no Polígono do Tambre, poñendo agora ao dispor dos clientes 3.172 m² de superficie comercial, ademais dun aparcamento exclusivo para clientes con 115 prazas cubertas e catro puntos de recarga para vehículos eléctricos.
A inauguración deste autoservizo de compra ao por maior, xunto ao hipermercado Eroski A Sionlla, eleva ata o 6.725 m² a superficie comercial da que dispón Vegalsa-Eroski neste polígono, onde xa emprega máis de 160 profesionais.
Con esta apertura, Cash Record conta con 16 establecementos entre Galicia e Asturias, cunha rede comercial que supera o 28.400 m² de superficie de vendas e máis de 350 profesionais ao servizo dos negocios de hostalería e restauración.
Horario ininterrompido de 07:00 a 21:00 horas, de luns a sábado
O novo Cash Record A Sionlla abriu hoxe as súas portas ao público tras o acto de inauguración celebrado onte pola tarde, que contou coa participación do director xeral de Vegalsa-Eroski, José Manuel Ferreño Sánchez, do director de negocio de Cash Record, Francisco Crespo Montoto, e do director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Gabriel Alén Castro. “Para Vegalsa-Eroski, esta apertura é moi importante, xa que supón reforzar o compromiso coa nosa marca Cash Record e con Santiago de Compostela, onde pretendemos ofrecer, nun mesmo lugar e xunto ao noso hipermercado Eroski, unha oferta ampla e completa para calquera tipo de cliente, xa sexa consumidor final ou profesional da canle HORECA”, destacou o director xeral de Vegalsa-Eroski, José Manuel Ferreño.
O establecemento ofrece un horario ininterrompido de luns a sábado, de 07:00 a 21:00 horas, e está atendido por un equipo de 53 profesionais, integrado tanto por persoal procedente do anterior centro como por novas incorporacións.
Para esta apertura, Vegalsa-Eroski destinou aproximadamente 3 millóns de euros, centrando unha parte do investimento na habilitación do local, así como equipamento, maquinaria e instalacións que fan deste centro un establecemento innovador e moderno. O espazo preséntase ademais adaptado á nova imaxe corporativa da marca, na que destacan a calidez do laranxa e a sofisticación do verde profundo, unha identidade visual que a compañía estreou en abril coa inauguración do Cash Record de San Cibrao das Viñas (Ourense).
Máis de 10.000 referencias ao servizo dos profesionais
O novo Cash Record de Santiago de Compostela ofrece aos seus clientes unha variedade de máis de 10.000 referencias en alimentación, droguería, enxoval e adega, con formatos especialmente adaptados ás necesidades do sector HORECA (Hoteis, Restaurantes e Cafeterías). O valor diferencial deste centro atópase na súa oferta de 1.700 referencias de produtos frescos, dispoñibles nas seccións de carnizaría, peixaría e froitaría, onde se garante un servizo de venda personalizada.
Xunto a produtos de provedores nacionais, rexionais e locais, os clientes tamén teñen acceso a un amplo catálogo da marca propia de Cash Record, Servihostel, ademais dunha adega premium e o servizo de compra en liña.




